Twitxy Saved

Mercedes Rosón 🍉

@mrosonf

Joined May 2011
2.5K Following 2.2K Followers 29K Posts

Latest posts 5

Mercedes Rosón 🍉 @mrosonf
Non por advertido deixa de ser gravísimo. O fiasco con Fly2Galicia e FlyYo en Lavacolla confirma a pésima xestión dun goberno local que pasou de presumir de “meses de contactos e apoio oculto” a lavar as mans cando rebentou o escáldalo da falta de solvencia.

O goberno local non pode quedar de perfil: debe reforzar de inmediato a OMIC para prestar asesoramento aos afectados, pedir explicacións aos interlocutores cos que presumiron de traballar conxuntamente e dar a cara, porque este experimento está por ver aínda como remata.

Hai moito que explicar…
La aerolínea Flyyo no operará vuelos de Fly2Galicia en Santiago por impagos y pide a pasajeros no acudir al aeropuerto europapress.es/galicia/notici…
View quoted post on X
2 replies 9 reposts 43 likes 2.5K views View on X
Mercedes Rosón 🍉 @mrosonf
Emocionante este #11N, un paro transversal e interxeracional fronte a emerxencia da vivenda, a precariedade dos salarios e unha man chea de reclamacións xustas en defensa do público, da vida digna e dos dereitos.

Unha folga xeral que amosa a forza da sociedade organizada e que deixa un recado a todas as administracións e a todas as capas do Estado, desde os municipios ao goberno central, con especial parada nos gobernos autonómicos: cos dereitos básicos non se mercadea e coa vivenda e cos servizos públicos non se especula.

Apoiar e acompañar. Iso é o que debemos facer desde a política, respaldar a mobilización social sen pretender abandeirala. E, sobre todo, tomar nota e actuar en consecuencia. Traballar para poñer os recursos públicos a funcionar para garantir teito, emprego digno e servizos de calidade para a maioría social. Doume por interpelada.